Parroquias de Carballo

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

jueves, 16 de abril de 2009

Gastronomía

Un dos aspectos máis interesantes de Carballo é a súa oferta gastronómica. De especial sona son os cereais producidos no municipio e o pan de Carballo.Xa no século XVI se dicía que todos os veciños do Concello labraban o pan. No século XVIII eran importantes as feiras de Santa María de Rus, Berdillo e San Xurxo de Artes, pola comercialización do pan cocido.Segundo a receita tradicional do pan de Carballo o trigo debe de ser transformado nos muíños da Cheda, da Ponte Rosende ou do Quinto. A fariña resultante mesturarase coa auga do Anllóns para formar unha masa que cómpre cocer nun antigo forno de pedra.Ademais do pan de trigo, de millo, mesto ou de centeo, esta longa tradición deixounos outros saborosos testemuños, como as empanadas, as roscas de pan de ovo ou o biscoitos. Acompañados dunha boa onza de chocolate de Mariño constitúen un pracer inesquecible para os padais máis esixentes.Doutra banda, quen visite Carballo non debe marchar sen degustar un bo prato de peixe ou marisco. Os mercados da Vila ofrecen os mellores e máis frescos produtos do mar, traídos diariamente das lonxas de Malpica, Laxe, Camariñas, Caión, ou dende o pequeno porto carballés de Razo. Neles tamén é posible adquirir unha grande variedade de produtos hortofrutícolas, coma os de Baldaio, recoñecidos pola súa calidade e sabor.No noso municipio existen numerosos establecementos adicados ao sector da restauración. A maioría deles están especializados nalgún dos moitos pratos típicos da zona, conformando unha ampla e variada oferta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario