Parroquias de Carballo

BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

lunes, 27 de abril de 2009

jueves, 16 de abril de 2009

Gastronomía

Un dos aspectos máis interesantes de Carballo é a súa oferta gastronómica. De especial sona son os cereais producidos no municipio e o pan de Carballo.Xa no século XVI se dicía que todos os veciños do Concello labraban o pan. No século XVIII eran importantes as feiras de Santa María de Rus, Berdillo e San Xurxo de Artes, pola comercialización do pan cocido.Segundo a receita tradicional do pan de Carballo o trigo debe de ser transformado nos muíños da Cheda, da Ponte Rosende ou do Quinto. A fariña resultante mesturarase coa auga do Anllóns para formar unha masa que cómpre cocer nun antigo forno de pedra.Ademais do pan de trigo, de millo, mesto ou de centeo, esta longa tradición deixounos outros saborosos testemuños, como as empanadas, as roscas de pan de ovo ou o biscoitos. Acompañados dunha boa onza de chocolate de Mariño constitúen un pracer inesquecible para os padais máis esixentes.Doutra banda, quen visite Carballo non debe marchar sen degustar un bo prato de peixe ou marisco. Os mercados da Vila ofrecen os mellores e máis frescos produtos do mar, traídos diariamente das lonxas de Malpica, Laxe, Camariñas, Caión, ou dende o pequeno porto carballés de Razo. Neles tamén é posible adquirir unha grande variedade de produtos hortofrutícolas, coma os de Baldaio, recoñecidos pola súa calidade e sabor.No noso municipio existen numerosos establecementos adicados ao sector da restauración. A maioría deles están especializados nalgún dos moitos pratos típicos da zona, conformando unha ampla e variada oferta.

Festas

Todas as parroquias do Concello celebran as súas festas patronais durante os meses do verán. Neste período a vida do municipio vese animada por máis de 35 celebracións e romarías.Con todo, sobresae entre todas elas a do San Xoán, patrón do Concello. Os festexos, que teñen lugar na vila de Carballo, prolónganse durante varios días na semana do 24 de xuño.
Celébranse as festas de San Campio en Cances, a festa de San Sadurniño en Rus, a festa do Pan en todo o municipio (maio), tamén en berdillo, sofán... E todas as parroquias que conforman Carballo.

Feiras e Mercados

Carballo é un cruzamento de camiños entre a Comarca de Bergantiños, a Costa da Morte, a capital da provincia -A Coruña- e a da comunidade autónoma -Santiago de Compostela-. Esta situación privilexiada fixo que o noso municipio se convertese nun referente comercial onde atopar todo tipo de produtos: agrícolas, gandeiros, do mar ou manufacturados.



TRADICIÓNS:

O Carballo máis tradicional déixase ver na feira que se celebra todos os xoves e os domingos -segundos, cuartos e quintos domingos de mes- na Praza do Concello da Vila. Herdeira das antigas feiras de Rus e Berdillo, constitúe o lugar idóneo para quen desexe adquirir os mellores froitos das terras de Bergantiños. O pan de Carballo, as cebolas, os allos, o repolo e as nabizas ou as patacas son só algúns dos produtos frescos que é posible adquirir, listos para ser consumidos con todo o seu sabor.
Complementando a feira está o mercadillo da Milagrosa, que ten lugar todos os domingos de feira na Avenida da Milagrosa, preto do aparcadoiro e do Parque do San Martiño. Nel podemos atopar variados productos para a venda, coma prendas de vestir e téxtil en xeral, produtos para o fogar ou maquinaria agrícola, entre outros.
Dende o ano 2008 o Concello, en colaboración cos diversos sectores empresariais da zona, promove catro Feiróns de tempada, que coinciden xeralmente coas estacións de Primavera, Verán, Outono e Inverno. Así, coincidindo co feirón -ou quinto domingo de mes- os visitantes poden coñecer e desfrutar da oferta agroforestal, comercial e industrial das nosas empresas.


MERCADO MUNICIPAL:

No mercado de Carballo poden adquirirse os mellores produtos naturais, acabados de saír da terra e do mar. A praza de abastos ten sido sempre unha locomotora das feiras e do comercio do centro da capital municipal. Nestes momentos, o Concello está inmerso nun proxecto que pretende facer do mercado un espazo moderno, abordando a construción dun novo edificio que permita darlle azos ao comercio do centro e revitalizar a actividade dentro do propio mercado.

jueves, 2 de abril de 2009

Parroquias.

PARROQUIAS
* Aldemunde: as poblacións máis cercanas son: Andoyo, que está a tan só 3,3 Km, Rus (5,4 Km) e Ramil (5,7 Km).
* Ardaña: as poblacións máis cercanas son: Artes, que está a tan só 1,9 Km, Ramil (1,9 Km) e Sofan (3,3 Km).
* Artes: moi próxima ao núcleo urbano, conta con 689 habitantes.
* Berdillo : Situada ao este de Carballo, é cos seus máis de 1.000 habitantes unha das parroquias con maior densidade de poboación do municipio.
* Bértoa: Con 1.340 habitantes, Bértoa esténdese ao longo da estrada que une o Concello coa Coruña.
* Cances: No límite con Ponteceso e Malpica, ao oeste do Concello, atópase este núcleo de 675 habitantes. Cances foi unha das parroquias máis poboadas de Carballo. Nela pode visitarse un dos recintos castrexos mellor conservados do municipio: o Bico do Castro.
* Entrecruces: Localizada nun dos extremos do municipio, Entrecruces conta cunga poboación de case 1.000 habitantes.
* Goiáns: A parroquia de Goiáns, regada polo río Anllóns, sitúase na estrada que vai de Carballo a Malpica. Ten na actualidade preto de 500 habitantes.
* Lema: Situada ao norte do Concello, é unha das cinco parroquias con vistas ao mar. Lema, con 552 habitantes.
* Noicela: Parroquia da franxa costeira do Concello cunha poboación de 481 habitantes, dedicada fundamentalmente á agricultura e ao marisqueo.
* Oza: sitúase a 3 quilómetros de Carballo en dirección á costa. Nesta parroquia de 800 habitantes.
* Razo: ocupa un pequeno val á beira do mar. Ten case 900 habitantes.
* Rebordelos: Ten 254 habitantes.
* Rus: Situada ao sur de Carballo é, cos seus 24,3 km cadrados, a parroquia máis extensa do municipio.
* Sísamo: Esta parroquia limítrofe co centro urbano de Carballo é cos seus 900 habitantes unha das máis poboadas do municipio.
* Sofán: unha das parroquias máis extensas do municipio, así como a máis poboada da zona rural -con 1.825 habitantes-.
* Vilela: Esta parroquia, moi próxima á costa, ocupa un fertil val que presenta un clima moi suave. Conta con 247 habitantes.

miércoles, 1 de abril de 2009

Personaxes Coñecidos

PERSONAXES COÑECIDOS:





* Alfredo Brañas, escritor e ideólogo do rexionalismo galego (1859-1900).











* Xosé Ramón Freixeiro Mato, filólogo y escritor (n. 1951).











* Xurxo Borrazás Fariña, escritor (n. 1963).










* Rober Bodegas, humorista.